A segunda parte da triloxía de Trajano
Circo Máximo é a historia de Trajano
e o seu goberno, guerras e traizóns, lealdades insubornables e
historias de amor imposibles. Hai unha vestal, un xuízo, inocentes
acusados, un avogado especial, mensaxes cifradas, códigos secretos,
batallas campais, fortalezas inexpugnables, asedios sen fin, dous
aurigas rivais, o Anfiteatro, os gladiadores e tres carreiras de
cuadrigas. Hai tamén un cabalo especial, diferente a todos, leis antigas
esquecidas, sacrificios humanos, amargura e terror, pero tamén fulgores
de nobreza e esperanza, como a chama de Vesta, que mentres arde, preserva a Roma. Só que hai noites onde a chama do Templo de Vesta treme. A roda da Fortuna comeza entón a xirar. Neses momentos, todo pode pasar e ata a vida do propio Trajano, aínda que el non o saiba, corre perigo. E, isto é o mellor de todo, aconteceu: houbo un complot para asasinar a Marco Ulpio Trajano.