Saltar ao contido principal

Lo que encontré bajo el sofá, de Eloy Moreno

Que acontece ao mover un sofá? E ao mover unha vida?
Quizais encontres obxectos -ou persoas- que xa esqueceras, un calcetín que quedou sen parella ou unha parella á espera, estelas doutra vida... ou un deses segredos que te obriga a pronunciar a frase que o cambia todo: "temos que falar"

E se movemos unha sociedade?
Entón un decátase de que vive nun lugar con demasiados vermes para tan pouca mazá. Pero tamén un lugar onde, ao observarnos, descubrimos que somos os primeiros en facer aquilo que tanto criticamos.

Cando en 2011 Espasa publicou El bolígrafo de gel verde, os lectores encontráronse cun libro que xa empezaba a triunfar nas redes sociais pero cuxo contido era un misterio. Dous anos despois, Eloy Moreno publica a súa segunda e esperadísima novela. De novo, o "de que trata" é o de menos, porque hai historias que non poden resumirse nunhas liñas.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.