Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 1, 2012

Actividades Mes do Libro

Como xa sabedes tod@s este mes celebramos dúas datas moi importantes arredor do libro. Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 é o Día Mundial do Libro. Para conmemorar ambas datas levaremos a cabo diversas actividades. Contacontos (para nen@s de 3 a 12 anos): - Día 3 ás 17:30 h.: sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández. - Día 25 ás 17:30 h.: sesión de contacontos a cargo de Tarabelos. Sorteos (para todas as idades): O día 23 ás 17:00 h. sortearemos dous lotes de libros, un para o público infantil e outro para o público xuvenil e adulto. Dende hoxe e ata o momento do sorteo, a cada usuari@ que leve en préstamo un libro entregarémoslle unha papeleta para participar no mesmo. Concursos (para o alumnado do CEIP "José María Lage" e do IES de Ortigueira): Hai convocados dous concursos, un de debuxo en formato marcapáxinas para os alumn@s do CEIP e outro de relatos cortos para os alumn@s do IES. Ambos forman parte das actividades convocadas para conmemor