Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 16, 2010

"Palabras novas" - Actividade realizada para o segundo ciclo do CEIP "José María Lage"

Nesta sesión aprendimos a elaborar palabras novas co método que Gianni Rodari propón no seu libro "Xogos de fantasía". El chámalle o sistema do prefixo fantástico, dí que para inventar palabras novas abonda con poñer un prefixo diante dunha palabra calquera, e así o fixemos. Cada un dos asistentes inventou a súa palabra e a debuxou nunha cartolina. Rematados todos os debuxos unimos as cartolinas e o resultado foi un libro cortina. Finalmente tiñamos que ir adiviñando entre todos que representa cada un dos debuxos. Podedes ver máis fotos no blog dos alumn@s de terceiro de primaria .

"El camino que no iba a ninguna parte" - Actividade realizada para o 1º ciclo do CEIP "José María Lage"

Mónica comezou esta sesión lendo a obra de Gianni Rodari "El camino que no iba a ninguna parte". A continuación xogamos cun tapiz no que había varios camiños. Tiñamos que averiguar cal era o camiño da historia, e a medida que íamos lembrando a mesma aparecían os seus personaxes polo tapiz. Finalmente cada un debuxou nunha cartolina o seu pedazo de camiño, e unímolos todos formando un libro sen fin cun camiño que non vai a ningunha parte.