Xa temos na Biblioteca a nova novela da nosa amiga Obdulia Dopico Cachán , coa que o pasado verán quedou finalista no XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia . A "Pena das Calandras" é un relato que quere ser un aceno á xente do Val do Landro, onde se desenvolve toda a historia, mesturando personaxes reais da trama con outros de ficción. Tres asasinatos vanse aclarando por obra e graza das súas personaxes femininas: unha mulata portentosa chegada de Cuba fai anos, a súa ama de cría, Madamoiselle e a criada negra, que tamén bota as cartas; Loliña do Laranxo, Lupa Expósito e a mestra da escola, dona Maruxa, son a representación local; a todas elas únese unha garda civil moi intelixente enviada para aclarar os sucesos.