Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 17, 2013

Exposición Federico Maciñeira y Pardo de Lama

Dende hoxe, e ata o 22 de abril, podedes visitar na Biblioteca municipal a exposición "Pioneiros da arqueoloxía: Federico Maciñeira y Pardo de Lama, 1870-1943". A mostra, cedida polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba , inclúese dentro do programa de actividades co que " Ortigueira literaria dixital " conmemora durante este ano o setenta aniversario do falecemento do célebre arqueólogo.

Actividades alumnado de 3º ciclo do CEIP "José María Lage"

Este semana foi a quenda dos alumnos de terceiro ciclo. Despois de escoitar unha parte de "A fabulosa lenda do Rei Artur " confeccionaron a figura de Artur utilizando feltro. A cada figura puxémoslle un imán na parte traseira de forma que serven para suxeitar notas ou decorar calquera superficie metálica.