Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 2, 2014

Aviso

Con motivo da asistencia do persoal ao Congreso Nacional de Bibliotecas, a Biblioteca permanecerá pechada dende o día 11 ata o día 15 , ambos os dous incluídos. Esperamos aprender moito e compartir experiencias con outras bibliotecas. Estaremos de volta o día 17. Desculpade as molestias.

Milena o el fémur más bello del mundo, de Jorge Zepeda Patterson

A beleza de Milena tamén foi a súa perdición. Convertida en escrava sexual dende a adolescencia, intenta fuxir cando morre o seu protector, un magnate da comunicación que sofre un fallo cardíaco mentres fai o amor con ela. Na súa angustiosa fuga, crúzase cos Azuis, un trío de xusticeiros formado polo xornalista Tomás Arizmendi , a política Amelia Navarro e o especialista en alta seguridade, Jaime Lemus . Eles desexan liberala, pero Milena garda con receo un espiñento misterio que atesoura na súa libreta negra e que supón a súa salvación e, sobre todo, a súa vinganza. Unha vigorosa novela de acción e amor que denuncia os abusos de poder e a corrupción, pero que sobre todo, nos mostra a alma aberta dunha muller vexada, como tantas outras, nun mundo cada vez máis globalizado. Fragmento

Mi color favorito es verte, de Pilar Eyre

Pilar Eyre , unha xornalista madura e aínda presa dunha gran paixón pola vida, coñece, durante un verán na Costa Brava, a Sébastien , un correspondente de guerra francés de grande atractivo. Entre eles xorde un amor inesperado que os leva a vivir tres días de intensa relación erótica e sentimental. Cando Sébastien desaparece repentinamente, Pilar búscao con desespero seguindo as pistas ambiguas que o xornalista foi deixando ao seu paso, pero os resultados son cada vez máis sorprendentes e misteriosos. Esta non é unha bela historia de amor crepuscular, esta é unha bela historia de amor entre unha muller que se atreve a chegar ata o límite e un home secuestrado por uns sentimentos imprevistos. Mi color favorito es verte é unha aventura real. Acheguémonos de puntillas e miremos polo ollo do fecho: aí dentro hai unha muller nua. Fragmento

La música del silencio, de Patrick Rothfuss

Unha historia protagonizada por Auri , un dos personaxes máis queridos e enigmáticos de El nombre del viento e El temor de un hombre sabio . A Universidade, o bastión do coñecemento, atrae ás mentes máis brillantes, que acoden para aprender os misterios de ciencias como a artificería e a alquimia. Non obstante, baixo eses edificios e as súas concorridas aulas existe un mundo en penumbra, cuxa existencia só uns poucos coñecen. Nese labirinto de túneles antigos, de salas e cuartos abandonados, de escaleiras serpeantes e corredores semiderruídos vive Auri . Tiempo atrás foi alumna da Universidade. Agora coida da Subrealidade, para ela un lugar acolledor, marabilloso, no que podería pasarse a eternidade mirando. Aprendeu que hai outros misterios que non convén remover; é mellor deixalos en paz e a salvo. Xa non se deixa enganar pola lóxica na que tanto confían no alto: ela sabe recoñecer os sutís perigos e os nomes esquecidos que se ocultan baixo a superficie das cousas.