viernes 16 de marzo de 2012

Legado bibliográfico de Antonio Rivera Losada

Hoxe, ás 20:00 h. inauguramos o legado bibliográfico de Antonio Rivera Losada.

Gustaríanos contar coa vosa presenza.

miércoles 7 de marzo de 2012

Charles Dickens

Este ano celebramos o bicentenario do nacemento de Charles Dickens.

lunes 13 de febrero de 2012

Disfrázate




Se necesitas ideas para confeccionar os teus disfraces ou para maquillarte no entroido, visita a mostra bibliográfica deste mes na Biblioteca.


sábado 28 de enero de 2012

Presentación Ortigueira Literaria Dixital



O sábado 28 ás 20:00 h. no Teatro de Beneficecia a Concellería de Cultura presentará Ortigueira Literaria Dixital - 2012, Ano de Antonio Rivera Losada.

martes 27 de diciembre de 2011

Sorteo cestas de Nadal



Os agraciados coas cestas de Nadal foron Ura e Diego. Noraboa aos dous e que disfrutedes moito dos libros.

Contacontos "Sabela e o paxaro máxico"



O mércores pasado recibimos a visita de Tarabelos que nos trouxo a historia de "Sabela e o paxaro máxico". Como xa sabiamos a montaxe e a escenografía foron impresionantes. Tod@s quedamos encantados de recibilos de novo na nosa biblioteca.

jueves 15 de diciembre de 2011

Premios María Moliner

Un ano máis o proxecto de animación á lectura presentado pola nosa Biblioteca aos Premios María Moliner figura entre os proxectos premiados. Despois de obter o Premio Nacional de Animación á Lectura no ano 2008 e varias mencións especiais noutras convocatorias, no 2011 figuramos entre os 300 proxectos seleccionados en toda España, polo que recibiremos un novo lote de libros que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca.
Moitas grazas ao profesorado e alumnado do CEIP "José María Lage" xa que sin a vosa participación estes premios non serían posibles.