Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 21, 2008

Presentación do libro "As orixes do pobo de Breogán no Leabhar Gabhála"

O día 20 de agosto Ramón Sainero, profesor de Literatura Celta e Irlandesa da UNED e director do Instituto de Estudos Celtas, presentou na Biblioteca o seu libro As orixes do pobo de Breogán no "Leabhar Gabhála", publicado por Biblos Clube de Lectores na colección Mandaio.
Ramón Sainero estivo acompañado por Tucho Calvo, director literario de Biblios Clube de lectores, que se encargou de presentar o acto, e do xornalista e escritor Ramón Loureiro, que fixo un breve percorrido pola vida e obra do autor.