Nun Madrid devastado, recén saído da guerra civil, sobrevivir é un duro oficio cotián. Especialmente para Manolita , unha moza de dezaoito anos que, co seu pai e a súa madrasta encarcerados, e o seu irmán Antonio escondido nun tablao flamenco, ten que facerse cargo da súa irmá Isabel e doutros tres máis pequenos. A Antonio ocorreráselle un xeito desesperado de prolongar a resistencia nos anos máis terribles da represión: utilizar unhas multicopistas que ninguén sabe poñer en marcha para a propaganda clandestina. E quererá que sexa a súa irmá Manolita , a señorita Conmigo No Contéis , quen visite un preso que pode darlles a clave do seu funcionamento. Manolita non sabe que ese rapaz tímido e sen aparente atractivo vai ser en realidade un home determinante na súa vida, e quererá visitalo de novo, despois de varios periplos, no destacamento penitenciario del valle de los caídos. Pero antes ten que saber quen é o delator que rolda polo barrio. Las tres bodas de Manolita é...