Saltar ao contido principal

La lista, de Frederick Forsyth

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110932
No norte de Virxinia encóntrase a sede da TOSA, unha unidade gobernamental de actividades de soporte para operacións técnicas. Baixo este nome tan pouco preciso escóndese a súa verdadeira e única misión: identificar, localizar e destruír os que representan unha ameaza para Estados Unidos. Os nomes de todos eles apúntanse nunha lista aprobada polo presidente e coñecida como: a lista dos asasinables. Esta organización existe. A lista, tamén.
Un día engádese un nome novo: o Predicador. Ninguén coñece quen se oculta tras o apelativo. Só sábese que é o responsable de dezasete asasinatos e que utiliza internet para radicalizar mozos islámicos e que sigan así as súas instrucións de asasinar. Pero acaba de cometer un grande erro: a súa última vítima é un xeneral xubilado dos marines e o pai do Rastreador, membro destacado da TOSA. Cun dominio perfecto do árabe, o Rastreador leva seis anos adicado a eliminar aos altos mandos de Al Qaeda. Esta vez, a súa misión será moi diferente porque a motivación que dirixe os seus pasos é persoal. Empeza a caza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.