Tr as o éxito de El guardián invisible , Dolores Redondo publica a segunda parte da Triloxía do Baztán     O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez  está a punto de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar , a inspectora da Policía Foral que un ano atrás resolvera os crimes do chamado basajaun , que sementou de terror o val do Baztán . Amaia  tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina , que imitando o modus  operandi  do basajaun  asasinara, violado e mutilado a Johana ,  a adolescente filla da súa muller. De pronto, o xuíz anuncia que o  xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do  xulgado. Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os  asistentes, Amaia  é reclamada pola policía:  o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que  contén unha concisa e inquietante mensaxe: « Tarttalo ».  Esa soa palabra que remite ao personaxe fabuloso do imaxinario popular  vasco destapará unha trama terro...