Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January 28, 2018

Celebración Día da Ilustración

Onte celebramos o Día da Ilustración cun obradoiro de ilustración de contos impartido por Esteban Acuña de Tarabelos: títeres e contacontos. Esteban narrou e debuxou nun enorme panel a historia "A viaxe de Nela". A continuación entregoulles a cada neno o seu libriño para que ilustrasen a mesma historia. Nas fotos podedes ver o creativa e divertida que resultou a actividade.