Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 3, 2016

Andel de novidades

Mes do Libro

Estas son as actividades programadas para o mes de abril. Animarvos a participar!


Abril, Mes dos Libros

Aínda que para nós todos os días son Día do Libro, o mes de abril é moi especial posto que se celebran as dúas datas máis importantes relacionadas con el: o día 2 é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o día 23 é o Día Mundial do Libro.
Na biblioteca imos celebralos con diferentes actividades que vos iremos contando.
A primeira delas é a exposición "Nós contamos así", que desde hoxe e ata final de mes podedes visitar na biblioteca. A exposición está formada por diferentes materiais que elaboramos ao longo dos anos para contar historias aos máis pequenos.  Esperámosvos!!!