Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo 31, 2011

Centenario Cunqueiro

Este ano celébrase o centenario do nacemento do escritor galego Álvaro Cunqueiro e Ortigueira súmase ás celebracións de diversas formas: Na revista das festas deste ano podedes atopar un interesante artigo de Ramón Barro titulado "Cunqueiro, una vida tan fabulosa como su obra" . O autor fai especial referencia á estadía de Álvaro Cunqueiro en Ortigueira. Na Biblioteca municipal tedes á vosa disposición unha mostra bibliográfica sobre a obra de Cunqueiro. O sábado 6 de agosto ás 21:00 h. o Teatro de Beneficencia acolle un dos Faladoiros organizados polo Consello da Cultura Galega para conmemorar o Ano Cunqueiro. Neste faladoiro, titulado "Guerra e literatura", participarán Carlos González Reigosa, Eloy Fernández Clemente, Dolores Vilavedra, Fernando Bouza Álvarez e Ramón Villares.

Actividade "Lolo e a ratoa"

Hoxe, tivemos a primeira sesión do mes de agosto do programa "Moitos contos para ti". A compañía Títeres Trécola tróuxonos o espectáculo "Lolo e a ratoa". Lembrade que o próximo mércores ás 12:00 h. haberá un novo espectáculo co obradoiro de c@nto de NI FU NI FA Animación.