Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 2, 2008

Marzo - Na biblioteca atopamos fantasía

Durante o mes de marzo a biblioteca acolle a exposición de Carmen Domech "Biblioteca de libros fantásticos". Podedes visitala no horario habitual da biblioteca. Carmen Domech preséntanos nesta exposición arredor de cincuenta libros transformados en algo máis que historias escritas. Esta transformación pasa por converter o libro nun obxecto plástico que é por si só evocador da súa historia e doutras, grazas ás imaxes que debuxan. Esta actividade está cofinanciada polo Concello de Ortigueira e a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Ademais haberá as seguintes actividades: 5 de marzo: Obradoiro de papel. Dúas sesións: ás 16:30 para nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:30 para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas; inscrición na biblioteca. 12 de marzo: Contacontos a cargo de Carmen Domech ás 17:30 h. para todas as idades. Entrada libre. 26 de marzo: Contacontos a cargo de Carmen Domech ás 17:30 h. para todas as idades. Entrada libre.