Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 18, 2014

Pasen e lean - Alumnado de 1º ciclo

Na segunda visita dos alumnos de 2º ciclo lemos a historia de "El domador miedoso", xogamos cunhas láminas de personaxes do circo e confeccionamos uns marcapáxinas de león. Láminas baseadas nas ilustracións de Ricardo Cavolo  

Contacontos "O lobo bobo"

  Para rematar a celebración das Letras Galegas, o mércores 21 de maio ás 17:30 h.,  invitámosvos a asistir ao contacontos "O lobo bobo" da compañía Elefante Elegante. Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?. Que acontecería se a madastra de Branca de Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello? A resposta a estas e outras preguntas poderémola descubrir neste espectáculo. (Esta actividade forma parte do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia).