Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 19, 2013

IX Concurso de debuxo en formato marcapáxinas

Este ano chegamos á IX edición do Concurso de debuxo en formato marcapáxinas. Os rapaces do CEIP "José María Lage" fixeron uns fermosos debuxos sobre a figura de Federico Maciñeira. Os debuxos premiados son os seguintes:     1º Premio Olalla López Pereira. 5º curso   Finalistas Miguel Fuentes Villar. Educación Infantil Ana Giz Grandío. 1º ciclo Chary Docal Pérez. 2º ciclo Elena María Recio del Canto. 3º ciclo   Todos os debuxos están expostos na Biblioteca e podedes velos ao longo deste mes. O mércores 22 a Concelleira de Cultura fixo entrega dos premios no CEIP. Na fotografía podedes ver aos premiados cos seus agasallos.  

Inferno, de Dan Brown

Dan Brown volve aos misterios históricos co seu personaxe favorito, o profesor de simboloxía Robert Langdon , coa novela Inferno , inspirada en La Divina Comedia de Dante. Nos seus bestsellers internacionais El código Da Vinci , Ángeles y demonios e El símbolo perdido, Dan Brown xuntou con mestría historia, arte, códigos e símbolos. No seu fascinante novo thriller, Brown recupera a súa esencia coa súa novela máis ambiciosa ata a data. No corazón de Italia, o catedrático de Simboloxía de Harvard Robert Langdon vese arrastrado a un mundo terrorífico centrado nunha das obras mestras da Literatura máis imperecedoiras e misteriosas da Historia: o Inferno de Dante . Con este pano de fondo, Langdon enfróntase a un adversario arrepiante e lida cunha adiviña enxeñosa nun escenario de arte clásica, pasadizos secretos e ciencia futurista. Apoiándose no escuro poema épico de Dante , Langdon , nunha carreira contra o reloxo, busca respostas e persoas de confianza antes de que

La mujer que vivió un año en la cama, de Sue Townsend

O día en que os seus fillos, uns xemelgos superdotados, marchan á universidade, Eva cruza a porta da súa casa e métese na cama en pleno día. Non está enferma. Non está cansa. E, dende logo, non ten unha aventura. Simplemente, chegou o momento de dicir basta. UNHA HISTORIA DELIRANTE E PROFUNDA SOBRE O QUE SUCEDE CANDO ALGUÉN DEIXA DE SER O QUE OS DEMAIS DESEXAN QUE SEXA. Unha novela perfecta para os tempos que vivimos: fai rir, fai pensar.

Los vigilantes del faro, de Camilla Läckberg

Dende que Patrik se reincorporou ao traballo, Erica dedícase de cheo aos seus xemelgos, que naceron prematuros. Apenas ten tempo para ir a visitar a Annie Wester , unha compañeira de instituto que acaba de regresar a Fjällbacka despois de moitos anos. Xunto co seu fillo Sam , Annie instalouse no faro abandonado da illa de Gråskär , propiedade da súa familia. A pesar dos rumores que circulan polo pobo sobre a lenda da «illa dos espíritos», na que os mortos vagan libremente, non parecen importarlle as voces estrañas que oe pola noite. Ademais, o seu antigo noivo Matte Sverin , quen tamén pasou uns anos en Estocolmo e acaba de empezar a traballar no Concello de Fjällbacka , aparece asasinado. Annie é a última persoa que o ve con vida. Estes sucesos depararanlle a Patrik e á súa eficaz colaboradora Paula moitos rompedeiros de cabeza. Pola súa banda, Erica , que realiza a súa propia investigación en paralelo, conseguirá atar algúns cabos soltos que serán de grande axuda para

Actividades alumnado de 1º ciclo do Ceip "José María Lage"

Co alumnado de 1º ciclo achegámonos ao mesmo personaxe que co alumnado de infantil, pero nesta ocasión, a través do libro "Mi primer Cid ". A continuación cabaleiros e princesas elaboraron as súas coroas.

Actividades alumnado de infantil do CEIP "José María Lage"

Comezamos a segunda parte do programa de actividades "Benvidos cabaleiros e princesas" co alumnado do CEIP " José María Lage ". Os primeiros en vir foron os alumnos de infantil que se sorprenderon co conto-paraugas do Cid Campeador, narrado a través dos protagonistas que ían percorrendo as esceas. Para rematar realizaron unhas láminas en cartolina pintadas con plastilina.