Saltar ao contido principal

Los vigilantes del faro, de Camilla Läckberg

Dende que Patrik se reincorporou ao traballo, Erica dedícase de cheo aos seus xemelgos, que naceron prematuros. Apenas ten tempo para ir a visitar a Annie Wester, unha compañeira de instituto que acaba de regresar a Fjällbacka despois de moitos anos. Xunto co seu fillo Sam, Annie instalouse no faro abandonado da illa de Gråskär, propiedade da súa familia. A pesar dos rumores que circulan polo pobo sobre a lenda da «illa dos espíritos», na que os mortos vagan libremente, non parecen importarlle as voces estrañas que oe pola noite. Ademais, o seu antigo noivo Matte Sverin, quen tamén pasou uns anos en Estocolmo e acaba de empezar a traballar no Concello de Fjällbacka, aparece asasinado. Annie é a última persoa que o ve con vida.

Estes sucesos depararanlle a Patrik e á súa eficaz colaboradora Paula moitos rompedeiros de cabeza. Pola súa banda, Erica, que realiza a súa propia investigación en paralelo, conseguirá atar algúns cabos soltos que serán de grande axuda para a resolución do caso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.