Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 3, 2019

Feito a man na biblioteca: patchwork

Este mes comezamos un novo programa: "Feito a man na biblioteca". A través del tentaremos dar a coñecer diferentes labores artesanais, oficios tradicionais... que se realizan na comarca. Cada mes realizaremos un obradoiro para nenos e unha charla para todos os públicos. Se realizas algunha actividade deste tipo e desexas participar neste proxecto ou se coñeces a alguén que estea interesado, podes contactar con nós na biblioteca ou no 981 400 101. Inauguramos este ciclo co patchwork e agradecemos de antemán a colaboración da profesora Gabi Villasuso. No cartel podedes ver as dúas citas programadas. Esperámosvos!!!