Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 17, 2011

VII Concurso de debuxo en formato marcapáxina

Para celebrar o Día Internacional do Libro, un ano máis convocamos o noso Concurso de debuxo en formato marcapáxinas, que este ano chega á súa VII edición. En esta ocasión o autor elixido foi Antonio Reigosa. O alumnado do CEIP "José María Lage" realizou os seus debuxos en torno á obra deste autor. Os gañadores foron:

1º premio


PABLO CAMPO VILLAR. Alumno de 2º ciclo


2º premio

HELENA LÓPEZ PEÑA. Alumna de Educación Infantil

JOEL QUINTANA PENA. Alumno de 1º ciclo


ADRIÁN BEN MARIÑA. Alumno de 2º ciclo


BORJA CORTÉS QUINTIANA. Alumno de 3º ciclo

Os debuxos xa están expostos na Biblioteca municipal e a entrega de premios levarase a cabo o día 27.

Abril, mes dos libros

Entre as actividades que realizamos este mes para celebrar que abril é o mes dos libros e da lectura, recibimos a visita dos alumn@s da Escola infantil A Galiña Azul. Estiveron moi atent@s á sesión de contacontos sobre "El hombrecillo de la lluvia" e ao finalizar recibiron como agasallo un libro.