Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 11, 2007

Estamos de noraboa

O día 30 de outubro recibimos a comunicación de que quedamos finalistas na X Campaña de animación á lectura "María Moliner" 2007. De entre os 504 proxectos presentados por diferentes bibliotecas de toda España o da nosa biblioteca quedou entre os dez finalistas. As bibliotecas premiadas foron: Villena (Alicante) na categoría de Animación á lectura, Pravia (Asturias) na categoría de Labor bibliotecaria e Sartaguda (Navarra) na categoría de Integración social. Estas tres bibliotecas recibirán un premio en metálico de 12.000 € e un lote de libros. ( Nota de prensa do Ministerio de Cultura ). O premio que recibe a nosa biblioteca consiste nun lote bibliográfico de 200 libros infantís e xuvenís por estar entre os 350 proxectos seleccionados e un lote bibliográfico de obras de referencia por estar entre os finalistas. Gracias a tod@s @s que participades nas diversas actividades de animación á lectura convocadas dende a biblioteca porque sen vós non terían sentido. Nas anteriores c