Saltar ao contido principal

Estamos de noraboa


O día 30 de outubro recibimos a comunicación de que quedamos finalistas na X Campaña de animación á lectura "María Moliner" 2007.

De entre os 504 proxectos presentados por diferentes bibliotecas de toda España o da nosa biblioteca quedou entre os dez finalistas.

As bibliotecas premiadas foron: Villena (Alicante) na categoría de Animación á lectura, Pravia (Asturias) na categoría de Labor bibliotecaria e Sartaguda (Navarra) na categoría de Integración social. Estas tres bibliotecas recibirán un premio en metálico de 12.000 € e un lote de libros. (Nota de prensa do Ministerio de Cultura).

O premio que recibe a nosa biblioteca consiste nun lote bibliográfico de 200 libros infantís e xuvenís por estar entre os 350 proxectos seleccionados e un lote bibliográfico de obras de referencia por estar entre os finalistas.

Gracias a tod@s @s que participades nas diversas actividades de animación á lectura convocadas dende a biblioteca porque sen vós non terían sentido.

Nas anteriores convocatorias:

2006 - Premio de 200 libros infantís por estar entre os 350 proxectos seleccionados e lote bibliográfico de obras de referencia por estar entre os finalistas.

2005 - Premio de 200 libros infantís por estar entre os 350 proxectos seleccionados e lote bibliográfico de obras de referencia por estar entre os finalistas.

2004 - Premio de 200 libros infantís por estar entre os 350 proxectos seleccionados.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.