Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 21, 2012

Vídeo da Asociación Profesional da Narración Oral en España

  Para felicitar ás bibliotecas e aos bibliotecari@s no Día Internacional da Biblioteca, a AEDA (Asociación Profesional da Narración Oral en España) realizou este fermoso vídeo.  

Bibliotecari@s por un día

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca aprendendo a ser bibliotecari@s. Un grupo de voluntari@s aprenderon como é o traballo nunha biblioteca: prestaron libros, atenderon aos usuari@s, prepararon materiais para préstamo, arranxaron libros deteriorados... 

No Día da Biblioteca recibimos unha sorpresa

Hoxe recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 5º A do CEIP "José María Lage", que para celebrar o Día da Biblioteca entregáronnos uns preciosos agasallos: un mural adicado ás bibliotecarias, un libro con recomendacións de lecturas e outro con fermosas historias sobre os libros. Para nós foi unha gratísima sorpresa. Moitas grazas.

24 de outubro - Día da Biblioteca

O próximo mércores día 24 celebramos o Día da Biblioteca. Anímate a celebralo con nós plasmando a túa opinión sobre a Biblioteca nuns paneis que poñeremos á vosa disposición. E se tes entre 8 e 12 anos poderás convertirte en bibliotecario por un día, previa inscrición.