Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 21, 2013

Mostra bibliográfica sobre José Luis Sampedro

O nte, Día Internacional do Libro, inauguramos unha mostra bibliográfica coa que queremos homenaxear a José Luis Sampedro .  A mostra , ademais das súas obras, inclúe unha serie de artigos e fotografías que lembran os días que pasou no noso municipio para inaugurar a segunda edición da Universidade popular de Ortigueira .

Día do Libro - Sesión de contacontos con Fátima Fernández

Para celebrar o Día Internacional do Libro onte tivemos unha sesión de contacontos con Fátima Fernández .   Fátima amosounos unha morea de libros e contounos algunhas das historias que conteñen. Foi unha sesión moi divertida na que conseguiu que participásemos todos.

Actividades Día Internacional do Libro

Mañá, día 23, é o Día Internacional do Libro e para celebralo invitámosvos a participar nas seguintes actividades: - Ás 17:00 h. sorteo dos lotes de libros. - Ás 17:30 h. sesión de contacontos "As dúbidas dos animais" a cargo de Fátima Fernández. - Inauguración dunha mostra bibliográfica homenaxe a José Luis Sampedro lembrando a súa estanza en Ortigueira para inaugurar a 2ª edición da Universidade Popular.