Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 23, 2014

Pasen e lean - Alumnado de infantil

Xa comezamos o ciclo de actividades "Pasen e lean". Os primeiros en visitar o noso circo foron os alumnos de infantil para os que levamos a cabo seis sesións, unha por aula. Traballamos coa historia "Tito fai de malabarista". Mónica presentounos un Tito de feltro co que nos contou as súas aventuras. Finalizamos elaborando un monicreque de pau do protagonista.