Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 27, 2012

Contacontos con Raquel Queizás

Onte recibimos a visita de Raquel Queizás dentro do programa "Moitos contos para ti" desenvolvido coa colaboración da Xunta de Galicia a través de Letras Vivas. Raquel tróuxonos un montón de divertidas historias dentro da súa "maletra".

Colaboración no I Concurso de bibliotecas de aula do CEIP "José María Lage"

O pasado venres participamos como xurado no I Concurso de bibliotecas de aula do CEIP "José María Lage". Noraboa a Bea pola iniciativa, a todo o profesorado pola súa participación e en especial ás aulas premiadas.