Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 3, 2013

Actividades alumnado de 1º ciclo do CEIP "José María Lage"

Esta semana tocoulles a quenda aos alumnos de 1º ciclo. Despois de ler "O máis grande dos cabaleiros" confeccionaron uns divertidos escudos.

Actividades alumnado de infantil do CEIP "José María Lage"

A semana pasada comezamos coas actividades dirixidas ao alumnado do CEIP " José María Lage ". Este ano baixo o lema "Benvidos cabaleiros e princesas" contaremos un montón de historias relacionadas coa Idade Media. A primeira semana asistiron os alumnos de Educación Infantil. Mónica contoulles a historia de " Eduardo e o dragón" a través das láminas do kamishibai , e logo cada neno confeccionou o seu dragón. O mércores e o xoves realizaremos as sesións para os alumnos de 1º ciclo.