Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 17, 2016

Celebracións día do libro

Son varias as actividades que realizamos esta semana en torno ao libro e a lectura para celebrar o Día do Libro. Onte pola mañá recibimos as visitas das escolas infantís Patucos e A Galiña Azul. Lemos a historia de Elmer e elaboramos uns divertidos elefantes de cores. Pola tarde escoitamos os "Contos que deixan pegada" de Pavís-Pavós nunha sesión moi divertida e entretida. Esta actividade forma parte do programa "Ler conta moito" da Xunta de Galicia. Hoxe comezamos o día levando os libros da III edición da campaña "Séntate a ler" ás diferentes parroquias do municipio. Aquí deixámosvos algunhas pistas de onde podedes atopalos. Ás 12:00 h. recibimos a visita de ASPROMOR.  Queremos agradecerlles que se achegaran á biblioteca e tamén o agasallo que nos fixeron. Grazas!!! Mañá poñeremos o colofón ás celebracións coa lectura pública que realizará o alumnado do CEIP sobre a obra de Manuel María ás 11:00 h. na bib