Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 30, 2014

Regreso a tu piel, de Luz Gabás

Brianda de Lubich , única herdeira do señor máis importante do condado de Orrun , ve como o mundo ao seu arredor se esborralla tras a morte do seu proxenitor. Nunha terra convulsionada polas guerras, na que ela e outras vinte e tres mulleres serán acusadas de bruxaría, só poderá aferrarse a un home: aquel a quen xurou amar máis alá da morte. O desenlace desta historia de amor inquebrantable chegará séculos despois, cando unha nova enxeñeira comece a recuperar fragmentos dun mundo pretérito e a sentir un amor irracional cara a un estranxeiro chegado a un recóndito lugar das montañas para reconstruír a mansión familiar herdada dos seus antecesores. As impenetrables paisaxes que separan a Francia e a España do século XVI albergan unha historia única de loita, amor e xustiza. Fragmento  

El viaje de Tanaka, de David Cantero

Conta a lenda que existe un lugar en Xapón ao que moitos anciáns van morrer e que garda, talvez, o segredo da inmortalidade. O seu nome é Yonsú . Mei Tanaka é unha moza que xamais saíu de Tokyo. Vive nunha enorme illa e detesta viaxar. Séntese feliz coa rutina do coidado da súa nai. O mundo que existe fóra coñéceo polos libros, a radio e a televisión. Pero todo cambiará para ela cando a súa nai morra e decida emprender unha longa viaxe coas súas cinzas ata encontrar a misteriosa aldea de Yonsú . David Cantero escribiu unha bela fábula que destila amor e optimismo e que nos ensina o poder de superación que posúe todo ser humano. Fragmento

Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo

Hoxe, ademais de ser o Día Internacional do Libro Infantil, é o Día Mundial de Concienciación do Autismo. Dende a nosa biblioteca queremos contribuír á difusión desta data e para iso elaboramos un pequeno centro cos materiais presentes na biblioteca relacionados co tema.