Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 3, 2015

Actividade para os máis pequenos

Dentro das actividades das Letras Galegas, o mércores 20 realizaremos un contacontos e un obradoiro de pasta de azucre para nenos que estén cursando educación infantil 4 anos ata 3º de primaria. Impresindible inscripción previa na biblioteca ou no 981 400 101. Nesta actividade colabora a Xunta de Galicia a través do programa "Ler conta moito" .

Número Cero, de Umberto Eco

A nova novela de Umberto Eco descóbrenos a cara escura do periodismo e o xeito en que a nosa realidade está en mans dos que constrúen as noticias. En abril de 1992 o protagonista de Número 0, Colonna , un tipo duns cincuenta anos, recibe unha estraña proposta do señor Simei : converterse en redactor xefe de Domani , un diario que dalgún xeito vai adiantarse aos acontecementos a base de suposicións e moita imaxinación. Este suposto periódico nunca sairá á luz, pero os seus 12 Número 0 servirán a quen está a financiar a Simei para chantaxear os banqueiros e políticos correspondentes e entrar nas altas esferas do poder. E hai unha consigna clara: de ningún xeito haberá que danar os intereses próximos ou remotos de quen financia o xornal. Fragmento