Saltar ao contido principal

Número Cero, de Umberto Eco

A nova novela de Umberto Eco descóbrenos a cara escura do periodismo e o xeito en que a nosa realidade está en mans dos que constrúen as noticias. En abril de 1992 o protagonista de Número 0, Colonna, un tipo duns cincuenta anos, recibe unha estraña proposta do señor Simei: converterse en redactor xefe de Domani, un diario que dalgún xeito vai adiantarse aos acontecementos a base de suposicións e moita imaxinación. Este suposto periódico nunca sairá á luz, pero os seus 12 Número 0 servirán a quen está a financiar a Simei para chantaxear os banqueiros e políticos correspondentes e entrar nas altas esferas do poder. E hai unha consigna clara: de ningún xeito haberá que danar os intereses próximos ou remotos de quen financia o xornal.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.