Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 3, 2013

Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos, de Narciso Luaces Pardo

O novo libro do director e propietario do Museo Etnográfico de Meixido. Narciso Luaces Pardo naceu en 1929 no lugar de Meixido, parroquia de Freires, concello de Ortigueira. Dende que saiu da escola dedicouse á que foi a súa profesión: labrego. Desempeñou un labor activo nas sociedades agrarias, tanto parroquiais como comarcais. De formación autodidacta, ten publicado varios traballos no semanario La Voz de Ortigueira, así como noutras publicacións relacionadas cos concellos de Ortigueira e das Pontas de García Rodríguez e ten dado charlas en centros de ensino, sobre apicultura e o cultivo do trigo na comarca.Participou, com relator, no primeiro e terceiro Congreso de Estudios Celtas, celebrados en Ortigueira e no V Congreso Transfronterixo de Estudios Celtas España Portugal , celebrado na Universidade Católica de Ávila. Membro fundador de Edicións O paporroibo e pertencente á Asociación Cultural La Vieira, é autor de O Carreiro, Memorias do Tío Santos (Galaxia) e Romaxe

La vida es un regalo, de María de Villota

Unha mensaxe chea de alegría e esperanza que contribuirá a que a estrela de María de Villota sempre siga brillando A expiloto de Fórmula 1 María de Villota relata nesta obra o xiro que deu a súa vida tras o fatal accidente, no que sufriu graves secuelas, no transcurso dunhas probas aerodinámicas co seu equipo de Fórmula 1 no verán de 2012. Lonxe de caer no desánimo, a súa tenacidade e a súa coraxe foron máis poderosos que aquel tráxico suceso. A vida é un regalo é o testemuño conmovedor e apaixonante dunha muller que non renunciou a seguir pilotando con man firme a súa propia vida ata o final.

Los años de peregrinación del chico sin color, de Haruki Murakami

Cando Tsukuru Tazaki era adolescente, sentábase durante horas nas estacións para ver pasar os trens. Agora, con trinta e seis anos, é un enxeñeiro que deseña e constrúe estacións de ferrocarril e que leva unha vida tranquila, talvez demasiado solitaria. Cando coñece a Sara , unha muller pola que se sente atraído, empeza a formularse cuestións que cría definitivamente resoltas. Entre outras, un traumático episodio da súa xuventude: cando ía á universidade, o que foi o seu grupo de amigos dende a adolescencia cortou bruscamente, sen dar explicacións, toda relación con el, e a experiencia foi tan dolorosa que Tsukuru mesmo acariciou a idea do suicidio. Agora, dezaseis anos despois, quizais logre descubrir que sucedeu exactamente. Ecos do pasado e do presente, pianistas capaces de predicir a morte e de ver a cor das persoas, mans de seis dedos, sonos perturbadores, rapazas fráxiles e mortes que suscitan interrogantes compoñen a paisaxe, pautado polas notas de Los años

El perfume secreto del melocotón, de Joanne Harris

RETORNO AO MUNDO DE CHOCOLAT , CUNHA HISTORIA CHEA DE MAXIA, SENSUALIDADE E SEGREDOS. A singular Vianne Rocher vive nunha casa flotante no Sena coa súa familia. Cando recibe a carta da súa vella amiga Armande onde lle pide que poña flores na súa tumba e recolla os melocotóns do seu xardín, sabe que non pode negarse e debe regresar a Lansquenet , o lugar que marcou o seu destino. Pero alí todo cambiou: a chocolatería onde vendía os seus «sonos, pequenos consolos, doces e inofensivas tentacións,», que tanto revolucionou a vida do pobo e a súa propia, converteuse nunha escola. O malestar e a desconfianza, por outra parte, percorren agora as estreitas e empedradas rúas de entón, a paisaxe é tan distinta que, mesmo o párroco, xa non teme a Vianne e require, en cambio, a súa indispensable axuda.

Yo confieso, de Jaume Cabré

Se a tenda de antigüidades da familia é todo un universo para o neno Adrià , o despacho do pai é o centro dese universo e o seu tesouro máis prezado un magnífi co violín Storioni , en cuxo estoxo aínda se aprecia a sombra dun crime cometido moitos anos atrás. A infancia e a adolescencia de Adrià chea de preguntas sen resposta, de xogos solitarios e de falta de calor, está dedicada ao estudo da historia e das linguas, tal como quere o pai, e á práctica do violín, seguindo os desexos da nai. Pero un accidente rematará coa vida do pai, sumindo a Adrià nun estado de culpabilidade e enchendo o seu mundo de secretos e turbios misterios que tardará moitos anos en despexar. Unha novela ambiciosa, monumental e marabillosa que nos fala do poder, a dor e a penitencia, o mal e a redención, a vinganza, o amor, a culpa e a posibilidade do perdón, e que da man dunha escritura brillante e a través dunha impoñente historia percorre os momentos estelares da historia occidental.

Ese instante de felicidad, de Federico Moccia

Nicco está a pasar por unha época difícil: a súa noiva deixouno e dende que o seu pai faleceu ten que ocuparse da familia, que parece ter perdido o norte: a súa nai non levanta cabeza, a súa irmá menor cambia de noivo cada noite, e a maior, nai dun neno de tres anos, volveuse namorar dun antigo amor. Por se fose pouco, ten dous traballos: no quiosco de xornais familiar polas mañás e como axente inmobiliario polas tardes. Ademais, o seu mellor amigo non pode decidirse entre dúas rapazas que van tras del. Pronto coñecen dúas mozas españolas en Roma e decátanse que a vida é demasiado curta para desperdiciala pensando no pasado, así que deciden pasalo ben xunto ás dúas estranxeiras. Cando Nicco se decata de que os seus sentimentos son máis fortes que unha simple atracción física, a súa rapaza desaparece sen deixar rastro. Que debe facer?   Le as primeiras páxinas

La vida cuando era nuestra, de Marian Izaguirre

"Añoro la vida cando era nuestra", comenta Lola mentres trastea na cociña da súa casa. Esa vida, que era tan súa e tan chea de ilusión, antes estaba feita de libros e de charlas de café, de sestas lánguidas e de proxectos para construír un país, España, que aprendía paso a paso as regras da democracia. Pero chegou un día de 1936 en que vivir converteuse en puro resistir, e agora, quince anos despois, de todo aquilo só queda unha pequena tenda, unha libraría de vello medio escondida nun dos vellos barrios de Madrid, onde Lola e Matías , o seu marido, acoden cada mañá para vender noveliñas románticas, clásicos esquecidos e lapis de cores a quen se achegue. É aquí, nese lugar modesto, onde unha tarde de 1951 Lola coñecerá a Alice , unha muller que encontrou nos libros a súa razón de vivir. Seguindo a mirada de Lola e Alice , véndoas sentadas detrás do pobre mostrador e lendo xuntas o mesmo libro, iremos lonxe, ata Inglaterra, e atrás no tempo, cara a principios

Para medir la marea, de Alexander Maksik

Unha novela sobre a memoria, sobre contar historias, sobre como vivimos co que sabemos. Nunha illa turística nalgún lugar do mar Exeo, Jacqueline , unha moza liberiana, intenta sobrevivir, o que se reduce a non morrer de fame e intentar seguir adiante despois de conseguir escapar ao horror do réxime de Charles Taylor . Constrúe o seu fogar nunha cova que dá ao mar e durante o día, paséase polas praias soleadas ofrecendo masaxes aos turistas --cinco minutos por un euro--, mentres intenta manter un equilibrio entre a súa vontade de vivir e a culpa do supervivente que a atenaza. O seu orgullo, a súa pena e o seu medo impídenlle pedir axuda, e mesmo aceptar aquela que se lle ofrece... Seu mundo desapareceu e o seu corazón é un ermo do que non sabe como saír. Esta novela hipnótica, lírica e extraordinaria fálanos dunha muller que segue adiante a pesar de que lle sucedesen cousas tan terribles. Unha novela sobre como vivimos co que sabemos. Le as primeiras páxinas