Saltar ao contido principal

Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos, de Narciso Luaces Pardo

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108614
O novo libro do director e propietario do Museo Etnográfico de Meixido.

Narciso Luaces Pardo naceu en 1929 no lugar de Meixido, parroquia de Freires, concello de Ortigueira. Dende que saiu da escola dedicouse á que foi a súa profesión: labrego. Desempeñou un labor activo nas sociedades agrarias, tanto parroquiais como comarcais. De formación autodidacta, ten publicado varios traballos no semanario La Voz de Ortigueira, así como noutras publicacións relacionadas cos concellos de Ortigueira e das Pontas de García Rodríguez e ten dado charlas en centros de ensino, sobre apicultura e o cultivo do trigo na comarca.Participou, com relator, no primeiro e terceiro Congreso de Estudios Celtas, celebrados en Ortigueira e no V Congreso Transfronterixo de Estudios Celtas España Portugal, celebrado na Universidade Católica de Ávila. Membro fundador de Edicións O paporroibo e pertencente á Asociación Cultural La Vieira, é autor de O Carreiro, Memorias do Tío Santos (Galaxia) e Romaxe a Santo André de Teixido (BVG).


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.