Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 31, 2013

Sementando lecturas - Sorteo Día Mundial do Libro

O 23 de abril, Día Mundial do Libro, realizaremos o sorteo de dous estupendos lotes de libros entre todos aqueles usuarios que leven libros en préstamo ao longo do mes (dende o 4 ao 23 de abril ás 17:00 h.).

Novidade

Leonid Sednev , desenfeluxador imperial e máis tarde pique de cociña, tiña quince anos a noite do 17 de xullo de 1918, cando un grupo de militares da Revolución bolxevique asasinou brutalmente a familia imperial rusa. Leonid foi o único supervivente e testemuña invisible da traxedia. Moito tempo despois, un Leonid xa ancián decide recompoñer os seus recordos e comeza este relato, dende os ollos do servente da familia imperial, co que recrea os últimos anos do Imperio ruso e o cambio de réxime. Carmen Posadas somérxenos, coa súa habitual mestría, no fascinante mundo da familia imperial rusa: luces e sombras de pazo, nun desfile de princesas e desenfeluxadores, tsares e bolxeviques, luxo e miseria.

Novidade

1959 Nun caloroso día de verán, mentres a súa familia se vai de pícnic ao regueiro da súa granxa en Suffolk , a adolescente Laurel escóndese na casa da árbore da súa infancia, fantasiando cun rapaz chamado Billy , unha fuxida a Londres e un futuro grandioso que agarda con impaciencia. Non obstante, antes de que esa tarde idílica toque á súa fin, Laurel presenciará un crime aterrador que o cambiará todo. 2011 Sendo xa unha actriz célebre, Laurel vese atordada polas sombras do seu pasado. Axexada polos recordos e o misterio do que viu ese día, volve ao fogar familiar e comeza a desenmarañar cada canto da súa memoria en busca daquela historia. Unha historia de tres descoñecidos procedentes de mundos moi diferentes -Dorothy , Vivien e Jimmy- que coinciden no Londres dos anos da Segunda Guerra Mundial e cuxas vidas quedarán unidas de forma funesta e inexorable. Alternando os anos trinta, os cincuenta e o presente, El cumpleaños secreto é un relato fascinante de mist

Novidade

Na España do século XVIII, unha conmovedora historia de amizade, paixón e vinganza une dúas voces de muller nun canto esgazado pola liberdade. En xaneiro de 1748, unha muller negra deambula polas rúas de Sevilla . Atrás deixou un pasado escravo na afastada Cuba, o fillo ao que nunca volverá ver e unha longa viaxe en barco ata as costas españolas. Caridade xa non ten un amo que lle dea ordes, pero tampouco un lugar onde abeirarse cando se cruza no seu camiño Milagros Carmona , unha moza xitana de Triana por cuxas veas corre o sangue da rebeldía e a arte dos da súa raza.   As dúas mulleres convértense en inseparables e, entre zarabandas e fandangos, a xitana confesa á súa nova amiga o seu amor polo aposto e arrogante Pedro García , de quen a separan antigos odios familiares. Pola súa banda, Caridade esfórzase por acalar o sentimento que está a nacer no seu corazón cara a Melchor Vega , o avó de Milagros . Pero cando un mandato real converte a todos os xitanos en pros

Novidade

Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida. Nel van tres irmáns que deixan na vila de Cariño a súa familia masacrada pola represión. O seu delito fora artellar nos anos da república obreira o Sindicato da Industria Pesqueira e Derivados baixo o amparo da CNT. Na análise que fai Manuel Pita Armada da súa vida, os acontecementos vividos en España repítense novamente en Chile, onde Pablo Neruda e Salvador Allende son vitimados. O mundo da pesca no Ortegal, as sucesivas fugas polo mar, a Guerra Civil, os campos de concentración franceses e o medo están aquí perfilados pola man áxil e experta do escritor Hixinio Puentes.  Ampla reportaxe sobre a novela no blog da editorial Xerais .