Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 28, 2016

Novo programa de xestión

Na Rede de Bibliotecas de Galicia estreamos novo programa de xestión bibliotecaria. Unha das novidades máis salientables é que xa podedes utilizar o voso carné da Biblioteca municipal de Ortigueira nas seguintes bibliotecas da Rede: bibliotecas nodais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, bibliotecas municipais de Ferrol, Oleiros, Laxe, Sanxenxo e Vigo. Tamén hai un cambio na política de préstamo xa que se amplía o número de préstamos e o prazo de devolución para os libros. Os usuarios poderedes retirar en préstamo un total de 10 documentos na Biblioteca municipal de Ortigueira e ata un total de 20 en toda a rede. No seguinte cadro podedes velo con máis detalle: O acceso ao novo catálogo é a través da dirección http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal . Nel podedes ver as novidades recentemente chegadas á biblioteca e todos os fondos da mesma. Se, ademais, autenticádesvos coas vosas claves, permítevos facer renovacións de préstamos, modifi