Este é un libro escrito coa urxencia do manifesto e a reflexividade do ensaio, coa proximidade sincera das mellores autobiografías e coa distancia necesaria do pensamento crítico. É un libro escrito por un agricultor e filósofo autodidacta que se converteu nun dos referentes do pensamento máis lúcido, consecuente e libre dos nosos difíciles e axitados tempos. Un libro que ule vida e ideas, palabras e acción mesturadas verdadeiramente coa terra. Durante a súa infancia en Alxeria, Rabhi asiste á vertixinosa transformación dunha austeridade antiga -que deixaba espazo á vida, o ocio e o sorriso- na desesperante miseria que impón o capital globalizado. A finais dos anos cincuenta, durante a súa xuventude como inmigrante en Francia, se ve forzado a aceptar unha forma de aniquilación persoal cuxo único obxectivo é facer que siga xirando a maquinaria económica do crecemento ilimitado, pero sempre en beneficio duns poucos. Entón toma a decisión, tanto vital coma intelectual, ...