Saltar ao contido principal

El dios de Darwin, de Sabina Berman

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112206
Karen Nieto é distinta á maioría dos «mamíferos faladores». Contratou á única persoa coa que traballa e convive porque non compartía con ela ningún idioma. Pero ao mesmo tempo esta sensibilidade tan particular converteuna nunha bióloga mariña de fama mundial.

Mentres nada no medio do océano rodeada polos seus queridos atúns, Karen recibe unha petición de axuda da Interpol. Un compañeiro da universidade desapareceu e, ao parecer, ela foi a destinataria da súa última chamada de socorro. Karen consegue descifrar a mensaxe do seu amigo e dirixe os seus pasos cara ao Arquivo Darwin, na abadía de Westminster, onde descobre que un texto póstumo do autor del orixe das especies desencadeou unha fascinante intriga. En caso de ser auténtico, ese documento revelaría os últimos asombrosos achados de Darwin, e agora a ciencia e a relixión volverían ir da man.

Sabina Berman recupera a protagonista de La mujer que se buceó dentro del corazón del mundo para somerxela nun thriller orixinal e fascinante sobre a loita polo legado de Darwin.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.