Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 20, 2008

IV concurso de debuxo en formato marcapáxinas

Xa podedes ver na Biblioteca a exposición de todos os debuxos participantes na 4ª edición do concurso de debuxo en formato marcapáxinas, que este ano, como xa sabedes tod@s, estivo adicado á obra da escritora fenesa Paula Carballeira.

Participaron 289 alumn@s de infantil e primaria dos distintos centros de Ortigueira: CEIP "José Mª Lage", EE.II. de Espasante, CEIP Abasteira e CEIP Igrexa de Loiba.

Os debuxos premiados foron:
1º Premio: ÁLVARO PRIETO PIÑEIRO. CEIP "José Mª Lage". 3º ciclo.2º premio (categoría infantil): CARLA FERNÁNDEZ RIVEIRA. CEIP "José Mª Lage".2º premio (categoría 1º ciclo): ANDRÉS MUÍÑO BLANCO. CEIP "José Mª Lage".2º premio (categoría 2º ciclo): ELIANA ABELLA PAJÓN. CEIP "José Mª Lage".2º premio (categoría 3º ciclo): ALDARA DOVALE LORENZO. CEIP "José Mª Lage".A entrega de premios relizarase o día 23 -Día Mundial do Libro- ás 17:00 h. na Biblioteca xunto co sorteo de varios lotes de libros.

Obradoiro sobre o relato de Paula Carballeira titulado "A historia de Anuk"

O mércores día 16 levamos a cabo a terceira sesión sobre a obra de Paula Carballeira. Na foto podedes ver os murais que realizamos nas tres sesións e que están colocados na sala infantil da Biblioteca.

Obradoiro sobre a obra "Mateo" de Paula Carballeira

Este é o resultado do segundo obradoiro que realizamos sobre a obra de Paula Carballeira o mércores día 9.