Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 24, 2011

Visita de Antonio Reigosa e entrega de premios

Onte finalizamos as celebracións do Día do Libro coa visita de Antonio Reigosa e a entrega de premios do VII Concurso de debuxo en formato marcapáxinas. A través desta actividade o alumnado do CEIP "José María Lage" puido desfrutar das historias do autor ao que estivo adicado o Concurso. Tiñan lido algunha das súas obras, fixeran os seus debuxos baseandose nelas, !por fin! o coñeceron en persoa e contoulles unhas divertidas historias. Para rematar fixo entrega dos premios ao gañador e finalistas do Concurso. Noraboa aos gañador@s e moitas grazas a tod@s por participar.