Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 9, 2013

Instantáneas de plastilina

Onte acollimos na Biblioteca o obradoiro "Instantáneas de plastilina" de María Noel Toledo. Esta actividade estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa Ler conta moito. A artista plástica comezou a actividade cunha explicación sobre a técnica para traballar a plastilina: o volume, a busca de novas cores, a xuntanza das pezas... para logo realizar as figuras. Por grupos os asistentes escolleron a temática a traballar e organizáronse para facer o decorado e os personaxes. Nas fotos podedes ver as diferentes escenas plasmadas por cada grupo de pequenos artistas.