Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 26, 2017

Día Internacional do Libro Infantil

Mañá é o Día Internacional do Libro Infantil e na Biblioteca de Ortigueira ímolo celebrar con dúas actividades: - O luns día 3 agasallaremos cun marcapáxinas coa imaxe do cartel a todos aqueles que utilicen o servizo de préstamo infantil ao longo de toda a xornada. - O mércores día 5, ás 17:30 h. Charo Pita traeranos "O curral de Cocoricó" para bebés de 0 a 3 anos (precisa inscrición previa). Actividade incluída no programa "ler conta moito" da Xunta de Galicia.     A continuación deixamosvos ás orixes desta celebración máis o cartel e o manifesto conmemorativos deste ano. Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.  Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional d