Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 11, 2016

Andel de novidades

Recibido a semana pasada o lote de libros que nos concederon na XVII Campaña de Animación á Lectura María Moliner comezamos a catalogalos para que poidades levalos en préstamo. Hoxe dámosvos a coñecer os tres primeiros que preparamos esperando que vos apeteza lelos. En primeiro lugar "El elefante desaparece" de Haruki Murakami. Sinopse: Un home que se obsesiona coa insólita e misteriosa desaparición do elefante dun zoo, un avogado en paro que recibe o encargo da súa muller de atopar ao seu gato, unha parella de recentemente casados que deciden atracar un MacDonald's en plena noite, unha curiosa digresión sobre os canguros, un anano diabólico que baila, un mozo empeñado en burlarse do seu futuro cuñado, un pirómano confeso... Os protagonistas de todos os relatos que compoñen este volume esperan algo. Un accidente, un feito azaroso. Ao contrario que esta obra, onde nada, absolutamente nada, queda ao azar. Alternando páxinas inquietantes e hilarantes, O elefante desap