Saltar ao contido principal

Andel de novidades

Recibido a semana pasada o lote de libros que nos concederon na XVII Campaña de Animación á Lectura María Moliner comezamos a catalogalos para que poidades levalos en préstamo. Hoxe dámosvos a coñecer os tres primeiros que preparamos esperando que vos apeteza lelos.

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1205909
En primeiro lugar "El elefante desaparece" de Haruki Murakami.

Sinopse:
Un home que se obsesiona coa insólita e misteriosa desaparición do elefante dun zoo, un avogado en paro que recibe o encargo da súa muller de atopar ao seu gato, unha parella de recentemente casados que deciden atracar un MacDonald's en plena noite, unha curiosa digresión sobre os canguros, un anano diabólico que baila, un mozo empeñado en burlarse do seu futuro cuñado, un pirómano confeso... Os protagonistas de todos os relatos que compoñen este volume esperan algo. Un accidente, un feito azaroso. Ao contrario que esta obra, onde nada, absolutamente nada, queda ao azar. Alternando páxinas inquietantes e hilarantes, O elefante desaparece é unha proba máis da capacidade de Murakami para cruzar a fronteira entre o cotián máis realista e o fantástico, transformando así a trivialidade das nosas vidas.



Primeiro capítulo.



http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1206279&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20show%20de%20gary
"El show de Gary" de Nell Leyshon.


Sinopse:
O enorme magnetismo do libro reside en gran parte en Gary, o seu protagonista e narrador. Orgulloso, descarado, pero dunha nobreza irredutible, e con moita mala vida ás súas costas. Alguén profundamente ferido, pero decidido a sobrevivir a todo; tamén a si mesmo.
No seu descenso aos infernos hai algo inmaculado, a pesar de todo: o lume que habita en Gary. A súa forza e a súa autenticidade. E o azul dos seus ollos, como un día despexado. Este maleante encantador é un cabalo desbocado que nun momento da súa vida perde pé.
O show de Gary é unha novela memorable acerca das vitorias sobre un mesmo, un reconto de todas as pantasmas interiores que hai que vencer para abrazar o milagre ordinario do día a día e achar a redención dunha vida que podamos chamar nosa.

Más información en la web de la editorial con acceso a la lectura de un fragmento.


http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1209873&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20farandula
"Farándula" de Marta Sanz.

Sinopse:
Valeria Falcón é unha actriz de certa notoriedade que cada xoves visita a unha vella gloria do teatro, Ana Urrutia. A Urrutia padece a síndrome de Diógenes e non ten onde caerse morta. O seu ocaso se lapela coa eclosión dun capullo en flor, Natalia de Miguel, unha nova aspirante que namora ao cínico Lorenzo Lucas, álter ego de Addison DeWitt. Ninguén terá dereito a esnaquizar a felicidade de Natalia de Miguel, unha moza moi delgada que en pantalla dá gordita.

Pola súa banda, o gañador da copa Volpi, Daniel Valls, confronta o seu éxito, o seu diñeiro e o seu glamour coa posibilidade do seu compromiso político. A miúdo chega a unha conclusión: «Son un débil mental.» Charlotte Saint-Clair, a súa esposa, cóidao como unha geisha e odia a Valeria, gran amiga de Daniel. Un ictus, a montaxe teatral de "Eva al desnudo" e a firma dun manifesto descubrirán ao lector: Unha historia sobre o medo para perder un sitio. O sitio. Sobre a resistencia á metamorfose e a conveniencia -ou non- da metamorfose. Sobre que significa hoxe ser reaccionario. Sobre os cambios de linguaxe que reflicten cambios no mundo. E sobre os cambios de linguaxe que non reflicten nada. Sobre as pompas de xabón, o desprestixio da cultura e a posibilidade da arte de intervir na realidade. Sobre a desvalorización da imaxe pública do artista. E a súa precariedade. Sobre a contradición entre glamour e compromiso. Sobre o público. Sobre a substitución xeracional e o envellecemento...

Máis información na web da editorial con acceso á lectura dun fragmento.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que aconteceu na biblioteca nos meses de xaneiro e febreiro?

 O día 11 de xaneiro celebramos o Día das persoas usuarias da bibioteca premiando aos usuarios e usuarias que máis utilizaron o servizo de préstamo durante o ano 2022.   O día 17 levamos a cabo un obradoiro de ilustración.   En febreiro celebramos o entroido con obradoiros de disfraces os día 7 e 14.   Retomamos a campaña "Un bebé, un libro".   Celebramos o Día de Rosalía adornando a biblioteca e cunha mostra bibliográfica. Todas estas novas con máis detalle e moitas máis na nosa páxina de Facebook:  https://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Que aconteceu na biblioteca nos últimos tempos?

Inauguramos unha nova sección no blogue na que cada mes intentaremos recoller un resumo do acontecido na vosa biblioteca. A finais de abril e principios de maio visitamos a Residencia de Persoas Maiores de Ortigueira e aos usuarios e usuarios de ASPROMOR para celebrar o Día do Libro con actividades lúdicas e a instalación dos seus respectivos puntos de lectura. O día 6 de maio celebramos as Letras Galegas coa visita de Caxoto que deu a coñecer aos máis peques a figura de Florencio Delgado Gurriarán.