Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 16, 2014

Pasen e lean

Novo programa de animación lectora para o alumnado do CEIP "José María Lage". Este ano convertemos a biblioteca nun divertido e colorido circo. Cada aula do CEIP asistirá a dúas sesións nas que traballaremos cun montón de historias cheas de malabaristas, elefantes, pallasos... Esta é a nosa decoración: E este é o noso Photocall:  

Códigos Electrónicos de lexislación

A páxina boe.es incorpora un novo servizo, a nova colección de Códigos Electrónicos en PDF e ePUB, que poderemos descargar no noso ordenador, tableta ou teléfono móbil. Estes códigos, permanentemente actualizados, recompilan a lexislación vixente dos distintos ámbitos do dereito español: constitucional, civil, administrativo, penal, procesual, mercantil, social, tributario e financeiro. Os títulos dispoñibles iranse ampliando progresivamente ata abranguer todos os sectores do ordenamento. Permite ademais, crear unha sinxela alerta no correo electrónico, para que nos comuniquen calquera cambio e poidamos descargar a nova versión.