A semana pasada comezamos as visitas escolares deste curso. Os primeiros en visitarnos foron os alumnos de Educación Infantil. Despois de ler a historia "¡Voy a comedte!", cuxo protagonista é un "malvado" lobo que remata converténdose en vexetariano, xogamos a encontrar nun tendal os personaxes do conto.