Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro 14, 2014

El umbral de la eternidad, de Ken Follet

Despois de " La caída de lo gigantes" e "El invierno del mundo" chega o final da grande historia das cinco familias cuxas vidas se entrelazaron a través do século XX. No ano 1961 Rebecca Hoffman , profesora en Alemaña do Leste e neta de lady Maud , descubrirá que a policía secreta está a vixiala mentres o seu irmán menor, Walli , soña con fuxir a Occidente para converterse en músico de rock. George Jakes , mozo avogado que traballa cos irmáns Kennedy , é un activista do movemento polos dereitos civís dos negros en Estados Unidos que participará nas protestas dos estados do Sur e na marcha sobre Washington liderada por Martin Luther King . En Rusia as inclinacións políticas enfrontan aos irmáns Tania e Dimka Dvorkin . Este convértese nunha das novas promesas do Kremlin mentres a súa irmá entrará a formar parte dun grupo activista que promove a insurrección. Dende o sur de Estados Unidos ata a remota Siberia, dende a illa de Cuba ata o vibrante Londres

Bajo la misma estrella, de John Green

A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son só adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos os dous padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, nos guste ou non, só existe o hoxe e o agora. E por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel - coñecer o seu escritor favorito -, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contra o reloxo, tan catártica como desgarradora. Destino: Amsterdam, o lugar onde reside o enigmático e malhumorado escritor, a única persoa que talvez poida axudarlles a ordenar as pezas do enorme crebacabezas do que forman parte... Le o primeiro capítulo

Este mes...

Queremos axudarte a cumprir os teus propósitos de outono: cociñar, escribir, facer deporte, aprender informática...