Saltar ao contido principal

El umbral de la eternidad, de Ken Follet

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113675
Despois de "La caída de lo gigantes" e "El invierno del mundo" chega o final da grande historia das cinco familias cuxas vidas se entrelazaron a través do século XX. No ano 1961 Rebecca Hoffman, profesora en Alemaña do Leste e neta de lady Maud, descubrirá que a policía secreta está a vixiala mentres o seu irmán menor, Walli, soña con fuxir a Occidente para converterse en músico de rock. George Jakes, mozo avogado que traballa cos irmáns Kennedy, é un activista do movemento polos dereitos civís dos negros en Estados Unidos que participará nas protestas dos estados do Sur e na marcha sobre Washington liderada por Martin Luther King. En Rusia as inclinacións políticas enfrontan aos irmáns Tania e Dimka Dvorkin. Este convértese nunha das novas promesas do Kremlin mentres a súa irmá entrará a formar parte dun grupo activista que promove a insurrección. Dende o sur de Estados Unidos ata a remota Siberia, dende a illa de Cuba ata o vibrante Londres dos anos sesenta, "El umbral de la eternidad"  é a historia daquelas persoas que loitaron pola liberdade individual no medio do conflito titánico entre os dous países máis poderosos xamais coñecidos.



 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

Novidades de ficción para adultos recibidas no mes de agosto a través de doazóns particulares.  

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.