Linda está casada cun home  rico, teñen dous fillos e a familia vive nunha fermosa casa en Xenebra,  Suíza. Traballa no xornal máis importante do país, é guapa, viste ben e  ten todo o que se poida desexar. A ollos de todos, a súa vida é  perfecta. Non obstante, non é feliz; unha grande insatisfacción corróea e  séntese culpable por non ser capaz de gozar do que ten. Por iso non  fala con ninguén do que sucede. Ama o seu marido pero a relación con el  volveuse rutineira, apática. Un día, o xornal envíaa a entrevistar a Jacob König ,  un antigo noivo do instituto que agora é un político de certa  relevancia. Este encontro é suficiente para que ela se sinta capaz de  facer algo co que soñaba dende rapaza, e empeza a dar renda solta ás  súas fantasías. Volve sentir paixón pola vida. Agora fará todo o que  sexa para conquistar ese amor imposible e descenderá ata o fondo do pozo  das emocións humanas para, por fin, encontrar a súa redención.     Le o primeiro capítulo    
Ven ler á túa biblioteca