Saltar ao contido principal

Adulterio, de Paulo Coelho

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113380
Linda está casada cun home rico, teñen dous fillos e a familia vive nunha fermosa casa en Xenebra, Suíza. Traballa no xornal máis importante do país, é guapa, viste ben e ten todo o que se poida desexar. A ollos de todos, a súa vida é perfecta. Non obstante, non é feliz; unha grande insatisfacción corróea e séntese culpable por non ser capaz de gozar do que ten. Por iso non fala con ninguén do que sucede. Ama o seu marido pero a relación con el volveuse rutineira, apática.

Un día, o xornal envíaa a entrevistar a Jacob König, un antigo noivo do instituto que agora é un político de certa relevancia. Este encontro é suficiente para que ela se sinta capaz de facer algo co que soñaba dende rapaza, e empeza a dar renda solta ás súas fantasías. Volve sentir paixón pola vida. Agora fará todo o que sexa para conquistar ese amor imposible e descenderá ata o fondo do pozo das emocións humanas para, por fin, encontrar a súa redención.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de decembro de 2024.

Novidades bibliográficas

 Novidades da sección de ficción para adultos incorporadas aos fondos da biblioteca no mes de novembro de 2024.